LERIAS, CONTOS, RELATOS... HISTORIAS DE DISCAPACIDADE

Dende o Ies Xograr Afonso Gómez, chegábanos unha invitación moi especial:
 IR A VISITALOS!
O alumnado do CM de Atención a Personas en Situación de Dependencia, preparou un Contacontos coma medida de sensibilización, información e formación sobre as persoas con diversidade funcional.
Descubrimos a súa recén estreada biblioteca, disfrutamos de 
"PECHA OS OLLOS" e xuntos celebramos o "Día Internacional da Narrativa Oral".
Plan perfecto!
Moitísimas grazas por convidarnos, achegarnos a realidades diferentes e compartir connosco, un ano máis, unha xornada de formación  e disfrute.
GRACIÑAS!!!!!!

VOZ NATURA 

Chega o bo tempo, e con el as gañas de estar ao aire libre e de comezar coas actividades do
 Proxecto Voz Natura.
Momento de sementeira,  neste caso prantamos hortensias e fresas.
En breve con todos os nosos coidadiños poderemos degustalas....
QUE RICAS!!!


VÍDEOS EXPOSITIVOS

Compartimos convosco a última actividade dos "21 Días co Galego e +", os nosos vídeos expositivos de temática libre,  realizados polas titoras/es de Ed. Primaria.
Os graffitis, a inclusión social, Sarria, o corpo humano, roteiros literarios... foron as temáticas escollidas para a ocasión.
Disfrutade dos nosos vídeos!!!




Se todavía non visitaches a publicación do 8M... entra axiña e atoparás alí os nosos vídeos relacionados coa muller.
 

Dentro do proxecto "21  Días co Galego e +", cada aula realizou un texto expositivo de temática libre.

Hoxe 8 de marzo, Día Internacional da Muller, compartimos convosco traballos realizados sobre mulleres que marcaron a historia en distintos campos e se convertiron en referentes.

PRESTADE ATENCIÓN!




Tamén queremos ensinarvos diferentes traballos plásticos que fixeron @s noso@s alumn@s nesta data.



 DICÍMOSCHO NÓS!

Cal é o voso Dígocho Eu?.Fantástico traballo o realizado!
A seguir disfrutando no cole e usando o galego!
Accede directamente aos vídeos..

                             Todavía nos queda algunha sorpresiña....



DÍGOCHO EU!

Aínda que xa clausuramos  os " 21 Días co Galego e +", seguimos disfrutando de actividades arredor do proxecto.
Onte foi o día de falar con Esther Estévez, presentadora do programa 
"Dígocho Eu".
Un programa de mellora do uso da lingua galega de xeito divertido da TVG.
Todas as aulas do cole tiveron a oportunidade de disfrutar dunha videoconferencia con ela, e incluso interactuar.
Manuel e Maitane, fixéronlle preguntas e convidárona a coñecer Sarria e visitar a nosa escola.
VIRÁ?
Nós, demos os nosos pasiños cara o bó uso da lingua e convertímonos en Esther.
APRENDIMOS UN MONTÓN!



DÍA DE ROSALÍA

23 de febreiro, día adicado á nosa Rosalía.
Data na que a súa obra e a súa persoa son homenaxeadas. Un ano máis dende o  Frei Luís recibiu o  recoñecemento  que merece e nas aulas afondamos na súa vida.
Pero...aínda quedan moitas cousas que descubrir sobre a autora....poñede atención!
"Traballiños Rosalianos"


    ENCONTRO 21 DÍAS EN GALEGO E  +

O 21 de febreiro , "Día da Lingua Nai", viaxamos ata Santiago de Compostela para participar na xuntanza e compartir a mañá  cos 10 coles protagonistas  nesta edición do proxecto. 

Centros de primaria das 4 provincias galegas,  preparámonos para a ocasión. Máis de 600 persoas reunímonos no acto celebrado no Auditorio Fontán, na Cidade da Cultura de Galicia. 

50 nenos/as de 6º representaron ao noso  cole. 

O acto foi presidido por Román Rodríguez, Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade  e o presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes.

Pakolas, presentou e puxo ritmo á xornada.

 No Frei Luís con gañas e ilusión preparamos a nosa actuación "CONXURO"

Esconxuramos en prol da lingua, nunha actuación que mesturou música, danza, poesía, cancións  e acrobacias.

Compartimos convosco a nosa actuación, desexando vos guste...

Noraboa aos nenos participantes na xornada que con entusiasmo, responsabilidade e gañas prepararon días antes a súa actuación.

 Encantados regresamos a Sarria, noraboa !

ORGULLOSÍSIMOS  DE VÓS!

Pero, o día deu para moito máis, mirade!






NAMORADOS!

Celebramos o 14 de febreiro, día do amor, da amizade...
Despois de vivir a experiencia dos "21  Días co Galego e +" ,  o alumnado de infantil presenta o seu proxecto "PALABRAS CON CORAZÓN"
PREME NA IMAXE

FELIZ SAN VALENTÍN A TODOS/AS!!!!

ENTROIDO 2024

Menuda semana de entroido tivemos no Frei Luís!!!!!!!! 
Que bágoa que teña que acabar pero sen dúbida a acabamos ao grande.
Bailes, disfraces, carautas, risas, xogos, máscaras...que máis se pode pedir!!!
Non me credes? Aquí tedes a proba.


E se queredes ver con calma todas as fotos e vídeos desta semana, pinchade no seguinte colage e veredes que estes 5 días, deron moito de si.
 
QUE   VIVA   O  ENTROIDO!!